Vilagarcía non logra cubrir o número de prazas de socorristas para este verán
Por Anxo Lourido
Das doce persoas previstas inicialmente polo Concello de Vilagarcía para exercer o posto de socorrista durante este verán, tan só puideron contratar a nove especialistas en vixilancia dos areais, tres menos dos programados
O Concello contrataba este mércores a dous socorristas, os únicos aspirantes que se presentaron ás probas na segunda convocatoria realizada nun prazo de quince días.
Non está previsto que se realice unha nova convocatoria ao entender desde o equipo de goberno que sería un "fracaso".
O goberno local recoñece que "a situación non é nova, nin en Vilagarcía nin noutros municipios costeiros".
O motivo é que a demanda é superior ao número de aspirantes a ocupar estes postos e porque administrativamente é necesario asinar todos os contratos ao mesmo tempo, segundo indican desde o goberno de Albeto Varela.
Durante as dúas próximas xornadas, o goberno local en colaboración co persoal técnico de Emerxencias e Protección Civil realizarán a mellor distribución posible atendendo aos medios humanos dispoñibles para atender os areais.
Lembran que hai que ter en conta as esixencias que establecen as bandeiras azuis, que este ano teñen as praias da Compostela e Campanario.
O luns 1 de xullo está previsto que comece a funcionar o servizo de socorrismo en Vilagarcía. Manterase activo ata o 15 de setembro.
Relacionadas:
-
Vilagarcía terá oito dos doce socorristas solicitados e priorizará as praias con bandeira azul
Por Oskar Viéitez |
-
Entrega das bandeiras azuis en Doniños con Sanxenxo como líder estatal
Por Redacción |
-
Vilagarcía contratará doce socorristas para vixiar as súas praias desde o 1 de xullo
Por Redacción |
-
O dron que axuda os socorristas nos rescates acuáticos, a proba en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |