![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f17/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66755c8a5c-edm_tenerife_3.jpg)
© Encuentro de los Mares
Pepe Solla forma pescadores e cociñeiros de Tenerife: "Se non coñecemos ben o pescado, estragámolo"
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/36c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66755cfc40-edm_galicia_26.jpg)
© Encuentro de los Mares
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/791/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66755d7767-p1029009.jpg)
© Encuentro de los Mares
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/279/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66755d459b-edm_galicia_8.jpg)
© Encuentro de los Mares
Axudar á industria canaria a mellorar a súa forma de extraer e comercializar o peixe e a cambiar a forma na que se relacionan cos cociñeiros. Ese foi o obxectivo da viaxe que un grupo de pescadores e cociñeiros tinerfeños fixeron ata a ría de Arousa.
A idea xurdiu o pasado ano durante o foro Encuentro de los Mares. Alí, o xerente da cooperativa pesqueira Artesáns da Pesca, Roberto Rodríguez, ensinou a pesca con mimo ao produto que existía en Galicia e a forma en que se trataba o peixe desde que mordía o anzol ou era capturado nas redes.
Durante a súa estancia en Galicia, a expedición tiñerfeña coñeceu o traballo que realizan Roberto Rodríguez e o cociñeiro pontevedrés Pepe Solla coa pesca artesanal.
Despois, ambos devolveron a visita a Tenerife para impartir talleres a un grupo de 25 cociñeiros e a máis de 30 profesionais vinculados á pesca na illa.
Amante do produto por encima de todo, Pepe Solla ten claro que os cociñeiros "debemos establecer unha relación moi estreita con quen nolo prové, porque se o pescador sabe para que quero un rodaballo, saberá traer o rodaballo que necesito".
Nese aspecto recoñece que o seu oficio fixo moitas cousas mal, xa que "igual que investimos tempo e esforzo para desenvolver constantemente novas técnicas de cociña, non facemos o mesmo para coñecer o produto, que é realmente o que nos diferencia".
"Como cociñeiro, eu íspome ante o produto", explicoulles Solla, que insistiu en que "o peixe no mar é perfecto, e nós, se non o coñecemos ben, estragámolo", polo que subliñou que, como profesionais, "debemos estar á altura".
O resultado deste proxecto está recolleito, en boca dos seus protagonistas, no documental "De Tenerife a Santa Uxía de Ribeira: 945 millas náuticas de colaboración".
O patrón maior da confraría de pescadores do porto de Los Cristianos (Arona, Tenerife), Manuel Díaz Marcelino, sinalou que "temos unha materia prima excelente, pero debemos aprender a mimalo como o fan en Galicia".