Un camión impacta contra un turismo avariado en Portas deixando catro feridos
Por Redacción
Catro persoas resultaban feridas nun accidente que se rexistraba este mércores na autoestrada AP-9 á altura do municipio de Portas, no quilómetro 116.
Ao redor das 12.30 horas, un turismo que viaxaba en dirección a Santiago de Compostela sufría unha picada nunha roda. Os ocupantes alertaban ao 112 Galicia.
Vinte minutos máis tarde, o sistema de chamada de emerxencia eCall lanzaba un novo aviso de alarma desde o mesmo punto da anterior chamada.
A fatalidade provocara que mentres a familia ocupante do turismo esperaba na beiravía a chegada dun guindastre, un camión de transporte de madeira impactaba contra o turismo de maneira lateral causando danos de carácter leve aos ocupantes do vehículo, segundo a información que a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Portas trasladaba ao 112.
Os condutores do camión e do guindastre, ademais doutros particulares, alertaron inmediatamente ao servizo do 112 do incidente.
Os catro integrantes da familia, dos deles menores, foron trasladados a un centro hospitalario para ser sometidos a unha exploración das feridas.
Ao lugar desprazábanse tamén integrantes de Protección Civil de Cuntis, Urxencias do 061, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de estradas para limpar a zona do suceso.
Relacionadas:
-
Un vehículo en sentido contrario causa un accidente mortal na Autovía do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
A Garda Civil investiga catro empresas de transporte e a tres centros técnicos pola manipulación de tacógrafos
Por Oskar Viéitez |
-
O condutor dun turismo resulta ferido tras sufrir o impacto dun camión cisterna en Caldas
Por Anxo Lourido |
-
Ferido un motorista nunha colisión contra un coche en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan o ocupante dun turismo, atrapado tras envorcar en Vilagarcía
Por Redacción |