O condutor dun turismo resulta ferido tras sufrir o impacto dun camión cisterna en Caldas
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8fe/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66706380db-001.jpg)
© Servizo de Emerxencias
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4db/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/667063d049-003.jpg)
© Servizo de Emerxencias
Un home que conducía un turismo da marca Mazda pola estrada de Vilagarcía de Arousa resultaba ferido na tarde deste luns ao sufrir o impacto da cabina dun camión cisterna que transportaba produtos alimentarios á altura do tanatorio de Caldas de Reis.
Segundo indican desde o servizo de Emerxencias, ao redor das 16.00 horas, o camión circulaba pola N-640 cando por causas que aínda se investigan, a condutora perdía o control do vehículo de gran tamaño ao tentar frear e o camión desprazábase cara á esquerda impactando frontalmente contra o turismo que circulaba en dirección contraria.
O condutor do turismo foi trasladado ao Hospital do Salnés con diferentes contusións e feridas provocadas polo impacto ao saltarlle o airbag.
Queixábase de dor na cara e no peito, segundo as testemuñas presenciais. A condutora do camión non precisou asistencia sanitaria.
Ata o lugar desprazábase Protección Civil de Caldas de Reis, unha ambulancia do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Caldas.
Relacionadas:
-
Un camión impacta contra un turismo avariado en Portas deixando catro feridos
Por Redacción |
-
Ferido un motorista nunha colisión contra un coche en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan o ocupante dun turismo, atrapado tras envorcar en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Buscan os ocupantes dunha furgoneta accidentada na Autovía do Salnés
Por Redacción |
-
Falece un motorista tras sufrir unha caída en Vilanova
Por Redacción |