Convenio para potenciar a atención biopsicosocial na Asociación Española contra o Cancro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, visitaba nas últimas horas a sede en Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro (AECC), na Rúa Eduardo Pondal.
Durante a visita asinaba un convenio de colaboración entre a institución provincial e esta entidade, que preside Blanca Ana García, para poñer en marcha este ano un programa de atención biopsicosocial para o paciente oncolóxico e para os seus familiares.
A dotación económica ascende a 15.000 euros.
Con estas colaboracións promóvese que a AECC proporcione unha atención integral á persoa enferma de cancro e á súa familia para mellorar a calidade de vida, ademais de realizar labores para sensibilizar á poboación sobre a enfermidade.
O convenio recolle como obxectivos minimizar as alteracións emocionais derivadas da enfermidade; favorecer a integración social dos pacientes; previr a aparición dos síntomas; atender as necesidades básicas das persoas con cancro; orientar aos pacientes na procura de recursos sociais, facilitar a incorporación ao mercado laboral ou potenciar os hábitos de vida sans entre a poboación.
Á visita tamén acudía o vicepresidente provincial Rafa Domínguez. Ambos os dirixentes comprobaron que, na asociación, traballan 28 persoas que prestan atención integral tanto a pacientes como a familiares para ter ferramentas que permitan aprender a enfrontarse á enfermidade.
Relacionadas:
-
Os casos de cancro de pel están a crecer máis rápido que calquera outro tipo
Por Oskar Viéitez |
-
Nova edición da "cea-tómbola" da Asociación Contra o Cancro
Por Redacción |
-
Nuria Cruz, dobre transplantada: "Teño catro riles, o último dooumo a miña amiga Mercedes"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A AECC saé ás rúas para que se investigue máis e aumentar a supervivencia en cancro
Por Redacción |
-
Nova campaña da AECC para aumentar a participación nos cribados de cancro colorrectal
Por Redacción |