O BNG de Poio denuncia que Valoriza leva un ano incumprindo o contrato do lixo
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O BNG de Poio fixo público o prego de condicións correspondente ao servizo de recollida de lixo de Poio que presta Valoriza, así como aos compromisos adquiridos pola empresa adxudicataria na súa oferta.
Para o BNG hai conclusións que demostran "que o tempo, ao final veu darnos a razón" posto que o PP "nun ano de goberno e co prego de condicións incumpríndose, dende xuño do 2023, pola adxudicataria do lixo, non fixo nin un só trámite ante as numerosas deficiencias e irregularidades que eles mesmo denunciaban da empresa do servizo do lixo".
Segundo os nacionalistas, oito anos despois da adxudicación do contrato, quedan investimentos pendentes, como a obriga da empresa que "debe procederse á implantación inmediata de todo o que comprometeu na súa oferta".
O BNG asegura que esta empresa concesionaria leva un ano de incumprimento "sen que a día de hoxe o goberno de Ángel Moldes fixera unha soa actuación por reverter esta situación".
Dende o BNG consideran que "o PP mentiu á veciñanza de Poio porque nun ano de goberno non baixou o recibo do lixo".
E tamén di o Bloque que o Partido Popular "mentiu sobre as irregularidades do servizo, e agora que leva un ano no goberno consinte que a empresa concesionaria non repoña o mobiliario ao que se comprometeu por contrato é que ten que realizarse canto antes dado que xa esta incumprindo o prego".
Por todos estes motivos os nacionalistas esixen "explicacións inmediatas" ao goberno local.
RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL
Desde o Concello de Poio amosan "sorpresa porque o BNG se preocupe agora polo contrato do lixo, un contrato herdado e que se incumpriu de xeito reiterado desde o inicio sen que o Tripartito fixese nada para solucionalo".
Segundo trasladan dende o equipo de goberno, "os medios comprometidos daquela na oferta están obsoletos a día de hoxe, polo que neste momento estase en conversas coa adxudicataria para que implanten medios acordes á relidade do concello". "Quizais, precisamente sexa porque son coñecedores destas conversas, o BNG fai agora as críticas, porque saben que xa se está avanzando para repoñer contedores e vehículos".
Ademais, aseguran que o Concello de Poio vai ser o primeiro en esixir medios adecuados e que cumpran coa normativa. "Si tiveran un pouco de vergonza, pouco falarían do contrato", rematan.
Relacionadas:
-
Desconvocada a folga da limpeza en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan folga indefinida na limpeza viaria de Poio a partir do luns 22 de xullo
Por Anxo Lourido |
-
O goberno local ultima o Plan Especial do Porto deportivo de Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG en Poio denuncia abandono en mantemento, limpeza e servizos
Por Redacción |
-
O servizo de limpeza de Poio atendeu o pasado ano 1.261 avisos para recoller voluminosos
Por Redacción |
-
As chamadas da veciñanza de Poio á Liña Verde permitiron resolver 367 incidencias
Por Redacción |