O impacto do cambio climático na saúde mental, a ecoansiedade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
No contexto actual de emerxencia climática, a ecoansiedade converteuse nun problema que afecta especialmente ás persoas mozas, máis concienciadas coa situación ambiental. Este termo describe a ansiedade e o estrés que xorden das preocupacións sobre o cambio climático e a degradación ambiental.
Os mozos, cada vez son máis conscientes dos problemas ambientais e do futuro incerto, e están comprometidos con causas ambientais, un feito que, a pesar de ser positivo, pode aumentar o seu nivel de estrés ao enfrontarse constantemente coa gravidade desta realidade.
A exposición constante a noticias sobre desastres naturais e problemas ambientais ou as experiencias persoais froito dun fenómeno climático extremo (como unha seca, choiva torrencial ou onda de calor), son algunhas das causas do crecemento deste fenómeno estea en crecemento.
Todo iso pode provocar síntomas comúns de ansiedade, problemas de sono, sentimentos de desesperanza e desmotivación, o que indica que a saúde mental está vinculada ao medio ambiente.
Este ano, Cruz Vermella Mocidade lanza a campaña 'Preocúpache? Chámase ecoansiedade', que se centra en concienciar sobre este tipo de ansiedade e o impacto no benestar das persoas mozas, así como actividades e proxectos como o realizado esta fin de semana con dúas recollidas de lixo: unha pola Vía Verde de Vigo e outra o paseo do río Gafos en Pontevedra, onde se recolleron especialmente cabichas e envoltorios plásticos.
Relacionadas:
-
Xa podes reservar unha das 60 prazas dos tres campamentos de verán de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Organizan roteiros polas parroquias de Pontevedra para conectar coa natureza a través do ioga
Por Redacción |
-
Unha primavera chea de actividades para coñecer e gozar do Pontillón do Castro, A Fracha e A Tomba
Por Oskar Viéitez |