Buscan os ocupantes dunha furgoneta accidentada na Autovía do Salnés
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil de Tráfico busca os ocupantes dunha furgoneta accidentada este venres na Autovía do Salnés.
O accidente en cuestión tivo lugar en concreto na estrada AG-4.1, sentido Sanxenxo.
Segundo explicaron as testemuñas nas súas chamadas ao 112, o vehículo saíu da vía chocando contra un noiro.
Os seus ocupantes, condutor e pasaxeiro, abandonaron o lugar do sinistro polo seu propio pé, antes de que chegasen os efectivos do Servizo de Emerxencias de Cambados e da Garda Civil de Tráfico.
Unha vez alí os axentes inspeccionaron o lugar e os arredores pero sen éxito na súa procura para localizar aos implicados no accidente.