Falece un motorista tras sufrir unha caída en Vilanova
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un motorista perdeu a vida este xoves 30 de maio como conscuencia dun accidente de circulación en Vilanova de Arousa.
O suceso tivo lugar ao redor das 14.00 horas da tarde na Rúa Adega da Igrexa, en Tremoedo.
Segundo informa o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, o motorista foi localizado tendido na calzada, semi-inconsciente pero respirando. Todo apuntaba a que sufrira unha caída xa que non había rastro doutros vehículos implicados.
Unha vez atendido no punto por efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o motorista foi evacuado ao hospital, onde posteriormente terminou falecendo.
No dispositivo de emerxencia colaboraron axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, así como voluntarios de Protección Civil de Vilanova de Arousa.