Sete de cada dez médicos pontevedreses xubilaranse no próximo lustro
Por Oskar Viéitez
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou as cifras relativas ao número de profesionais sanitarios colexiados. Este informe recolle datos rechamantes como que na provincia de Pontevedra, son 5.091 dos que 4.053 están a traballar mentres que os 1.038 restantes están retirados da actividade.
Destes 5.091 médicos colexiados pontevedreses, 1.812 teñen entre 55 e 69 anos e uns 703 superan a idade máxima para xubilarse na Sanidade Pública que se sitúa nos 70 anos, aínda que a nivel particular os médicos poden continuar exercendo a súa actividade.
O INE sinala que na provincia de Pontevedra hai 776 médicos con idades comprendidas entre os 65 e os 69 anos.
O número de médicos colexiados en Galicia diminuíu un 2,5% en 2023, o que supón 386 facultativos menos, mentres que os enfermeiros incrementáronse un 1,1%, con 157 colexiados máis que o ano anterior. Nesta profesión existe unha importante feminización, tal e como evidencia o feito de que haxa 12.498 enfermeiras colexiadas en Galicia fronte a 1.597 enfermeiros. Do total de médicos colexiados en Galicia, 8.053 son mulleres e 7.095 son homes.
A comunidade ten unha taxa de 5,62 médicos colexiados por cada 1.000 habitantes, por baixo dos 6,21 de media nacional. En canto á enfermería a taxa é de 5,2 profesionais por cada 1.000 habitantes, mentres que a nivel estatal é de 7,12 a nivel estatal.
Respecto a as enfermeiras, 6.469 están colexiadas na provincia da Coruña, 3.824 na de Pontevedra, 2.365 na de Lugo e 1.437 na de Ourense.
Relacionadas:
-
Con 28,9 graos de temperatura actívase a alerta por calor en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O mapa de zonas de baño de Galicia sinala como non aptas 39 praias
Por Oskar Viéitez |
-
Potenciar a Atención Primaria, reto exposto na primeira visita a Montecelo do novo conselleiro de Sanidade
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |