![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8fa/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61fe81dfec-incendio-0000.jpg)
© Policía Local de Pontevedra
Os bombeiros de Pontevedra tamén rexeitan os bolardos da Peregrina
Os bombeiros de Pontevedra súmanse ás críticas ao goberno local pola instalación de bolardos na Rúa Peregrina.
A través das centrais sindicais CCOO, UXT e CSIF, os bombeiros do Parque Municipal indican que tanto estes bolardos como outros na cidade dificultan e, nalgúns casos, imposibilitan o acceso dos camións de bombeiros a distintas zonas do centro da cidade.
Tamén sinalan que a coincidencia de sinalizacións e macetas con varias árbores situadas en gran parte das interseccións da cidade provocan este problema de accesibilidade.
Ante esta situación, argumentan que os vehículos de emerxencia están obrigados a utilizar itinerarios "moito máis longos e mesmo a acceder en sentido contrario co risco que conleva tanto para os traballadores como para o resto de usuarios da vía".
Lembran que os vehículos que se utilizan para a extinción de incendios ofrecen un tamaño moito maior que un utilitario convencional e son imprescindibles para levar a cabo o labor de emerxencia, xa sexa para acceder a grandes alturas ou para transportar as ferramentas e os medios de extinción necesarios para facer fronte a calquera situación de perigo.
Os representantes sindicais insisten en que estas circunstancias foron trasladadas ao grupo de goberno, a quen acusa de "facer caso omiso" cando se lle presenta a necesidade de establecer tempos de resposta máis curtos ante urxencias.
Denuncian, tras as declaracións de Abel Losada, subdelegado do Goberno, "a falta de transparencia e a total e absoluta falta de responsabilidade por parte dos membros do goberno do BNG tanto coas forzas e corpos de seguridade do Estado como cos servizos de emerxencias e, por extensión, con todos os cidadáns de Pontevedra".
Indican que o problema das "trabas urbanísticas" xa se debateu o 1 de febreiro de 2016 cando se produciu o incendio entre as rúas Michelena e os Soportais da Ferrería. Segundo os sindicatos, este sinistro puxo de manifesto as "dificultades de accesibilidade a certas zonas da cidade, e as dificultades de manobra de vehículos de características como as dos bombeiros".
Tamén destacan a carencia dun plan de emerxencias actualizado e técnico, que sexa avalado por profesionais de urxencias e emerxencias para garantir actuacións "seguras, rápidas e organizadas".
Relacionadas:
-
Advirten do risco dos bolardos de 'Boa Vila' da Ferrería e Curros Enríquez
Por Oskar Viéitez |
-
Os bolardos de Peregrina seguirán durante "meses" porque, segundo Mosquera, están funcionando "moi ben"
Por Alejandro Espiño |
-
"Todo aquel espazo público do que se ausente a Policía, será ocupado polo delincuente"
Por Oskar Viéitez |
-
"Menos bolardos, máis policía", a petición do sindicato SUP ante o "desprezo" do goberno local cos bolardos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP pide ao alcalde que “rectifique” cos bolardos da Peregrina e ínstao a buscar "consenso"
Por Natalia Puga |
-
A instalación dos bolardos na rúa Peregrina non foi unha medida consensuada
Por Oskar Viéitez |
-
Os bolardos de Peregrina son "temporais", insiste o goberno municipal, e foron "consensuados" coa Policía
Por Alejandro Espiño |
-
Alertan da imposibilidade de acceso dos vehículos de emerxencias pola instalación de bolardos na rúa Peregrina
Por Oskar Viéitez |
-
Instalarán tres bolardos extraibles en Peregrina para cortar os 'atallos' dos repartidores
Por Alejandro Espiño |
-
Retiran os históricos bolardos da entrada do Pazo Provincial
Por Alejandro Espiño |