Os bolardos de Peregrina son "temporais", insiste o goberno municipal, e foron "consensuados" coa Policía
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal de Pontevedra respondeu este mércores ás críticas realizadas pola Confederación Española de Policía tras a instalación dos novos bolardos en Peregrina, para impedir o paso de vehículos entre a Glorieta de Compostela e Daniel de la Sota.
Desde o sindicato policial consideran que estes elementos impiden o acceso aos vehículos de emerxencias como coches policiais, bombeiros ou ambulancias, polo que sosteñen que se trata dunha medida "imprudente e temeraria".
Pero a edil responsable da área de seguridade cidadá, Eva Vilaverde, lembrou que é o Concello o que decide o tratamento que se dá ao espazo público da cidade e asegurou que "a estas alturas xa deberían saber cal é o modelo de Pontevedra".
Vilaverde apuntou que o paso de vehículos por esa zona "xa non estaba permitido" e que existen "vías de sobra" polas que se poden circular.
A instalación dos bolardos, segundo a concelleira nacionalista, "non é unha solución acaída pero é necesaria" e subliñou que se trata dunha medida "temporal" que se reverterá cando a cidadanía "sexa consciente de que por aí non se pode pasar".
"Esperemos que sexa por un tempo breve", engadiu Eva Vilaverde, que recoñece que no goberno municipal "preferimos que non haxa bolardos", pero esta problemática non foi posible solucionala "con medidas coercitivas e coa Policía Local".
Asegurou ademais que este asunto foi "falado e consensuado" cos mandos policiais na última xunta local de seguridade celebrada antes da última Semana Santa.
Relacionadas:
-
Os bolardos de Peregrina seguirán durante "meses" porque, segundo Mosquera, están funcionando "moi ben"
Por Alejandro Espiño |
-
"Menos bolardos, máis policía", a petición do sindicato SUP ante o "desprezo" do goberno local cos bolardos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP pide ao alcalde que “rectifique” cos bolardos da Peregrina e ínstao a buscar "consenso"
Por Natalia Puga |
-
Os bombeiros de Pontevedra tamén rexeitan os bolardos da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A instalación dos bolardos na rúa Peregrina non foi unha medida consensuada
Por Oskar Viéitez |
-
Alertan da imposibilidade de acceso dos vehículos de emerxencias pola instalación de bolardos na rúa Peregrina
Por Oskar Viéitez |
-
Instalarán tres bolardos extraibles en Peregrina para cortar os 'atallos' dos repartidores
Por Alejandro Espiño |