Aprobado o Plan de Seguridade previo á construción da residencia de maiores e o centro de día de Carballedo
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de dar luz verde ao Plan de Seguridade e Saúde de cara ao inicio das obras de construción da nova residencia de maiores e centro de día de Carballedo.
Jorge Cubela, alcalde do municipio, manifestou a súa satisfacción ao comprobar que a empresa encargada de realizar o proxecto vai cumprindo cos pasos previstos e conta co visto e prace dos técnicos municipais.
A nova residencia contará cun investimento de 4 millóns de euros, cunha aportación do Concello de 750.000 euros de fondos propios e un prazo de execución material da obra duns 14 meses.
Terá cinco parcelas que suman 10.688 metros cadrados e unha superficie de 3.304 metros. O goberno local prevé que na primeira fase a capacidade sexa para 59 residentes, aínda que susceptible de duplicarse, e xerará unha vintena de postos de traballo. Tamén vaticinan que a creación do centro de día permitirá beneficiar entre 16 e 26 usuarios.
"Estamos avanzando polo bo camiño para sacar adiante un proxecto moi ambicioso e que nos permitirá ampliar a nosa capacidade de atención aos nosos maiores", indicou Cubela. Ademais, esta iniciativa "permitirá afianzar poboación e fomentar o emprego estable e de calidade dun xeito directo e tamén indirecto no noso municipio. É un reto importante que decidimos asumir e que estamos sacando adiante, como todos os nosos compromisos coa veciñanza".
Relacionadas:
-
Comezan as obras da residencia de maiores e o centro de día de Carballedo
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade xa está preparado para o inicio das "obras históricas" de máis de 6 millóns de euros
Por Redacción |
-
A Xunta inviste 171.000 euros este ano na mellora de infraestruturas municipais en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A residencia de maiores e centro de día de Carballedo, pendente de Política Social
Por Redacción |
-
Remata a reforma do centro de día e residencia de maiores de Cerdedo
Por Redacción |