A feira de oportunidades regresará a Sanxenxo na Semana Santa
Por Redacción
A mesa de comercio local acordou celebrar unha nova edición da feira de oportunidades de Sanxenxo durante a próxima Semana Santa. En concreto, abrirá as súas portas os días 28, 29 e 30 de marzo na Praza dos Barcos.
A entrada ao recinto será gratuíta e a disposición da trintena de expositores cambiará tras a reforma da remodelación da praza e a creación da rampla axardinada.
Esta cita, plenamente consolidada no calendario de actividades da Semana Santa, terá un horario continuado de 11:00 a 21:30 horas, segundo informou o Concello de Sanxenxo.
Con esta feira, os establecementos comerciais de Sandenxo buscan desfacerse dos stocks e mercadoría da tempada de inverno, tras unha campaña que consideran "frouxa" en vendas.
Entre os produtos que se poderán adquirir atópase calzado, roupa de adulto e neno, pel, bixutería, mel, artesanía, decoración ou antigüidades.
Na feira participarán os comerciantes locais, que ofrecerán descontos que, nalgúns casos, superarán o 70%. O modelo dos expositores será como en anos anteriores tipo jaima.