O vicepresidente Rafa Domínguez apela á "lealtad personal con la ciudad" para facer en Pontevedra "el máximo de obras posibles"
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra investirá 2,5 millóns de euros neste 2024 en obras na cidade de Pontevedra, segundo confirmou en rolda de prensa o vicepresidente Rafa Domínguez quen manifestou tamén que a súa intención persoal é "conseguir que se hagan las máximas obras y las máximas actuaciones en mi ciudad"
Rafa Domínguez explicou que, ao longo desta última semana, o goberno provincial e o municipal mantiveron "encuentros discretos" que foron "impecables" e nos que se "han desbloqueado" proxectos municipais financiados pola Deputación.
Trátase de obras elixidas polo goberno local do BNG que, a partir de agora, deberá presentar a documentación pertinente para liberar o crédito e dar comezo ás obras.
BOA RELACIÓN INSTITUCIONAL
Segundo Rafa Domínguez, estes momentos danse "muy buenas circunstancias" para que "a pesar de las diferencias políticas" que hai entre o Concello e a Deputación de Pontevedra "pueda y deba existir una buena relación institucional".
Esas circunstancias, segundo detallou, son a ausencia de eleccións municipais ou autonómicas a curto prazo, o que "puede significar que no se enturbie el ambiente de estas relaciones" e que exista un clima de "cierto sosiego político". E a outra circunstancia é que el é un "profundo" coñecedor dos problemas que existen no Concello de Pontevedra "después de casi nueve años de concejal y casi seis como presidente y portavoz del Partido Popular".
Rafa Domínguez quixo aclarar que "la intención de la Deputación de Pontevedra no es otra que la de colaborar al máximo con el Concello de Pontevedra" e "estamos abiertos a ampliar esta colaboración con otros temas que se nos trasladen".
ASFIXIA ECONÓMICA
Rafa Domínguez tamén sinalou que hai "mucha xente" que entende que "sería positivo para el Partido Popular" bloquear estes orzamentos desde a Deputación para manter a "asfixia" que ten o Concello de Pontevedra nestes momentos, "con una ausencia de obras". A quen pensa dese modo o vicepresidente primeiro dilles que "no pueden estar más equivocados" e engadiu que "apelando a la lealtad institucional, pero sobre todo apelando a la lealtad personal con la ciudad, vamos a intentar hacer el máximo de obras posibles".
"Yo ofrezco lealtad institucional al Concello de Pontevedra en todos los temas que ellos entiendan" o mesmo compromiso que Rafa Domínguez reclamará para outros temas como Santa Clara, os edificios históricos do Museo ou a Bienal.
E concluíu dicindo que esta lealdade institucional "no evita que pueda haber una clara auditoría" pola súa banda no Concello de Pontevedra e por parte do BNG na Deputación.
Relacionadas:
-
O antigo convento de Santa Clara contará con dous novos puntos de acceso despois da súa rehabilitación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello de Pontevedra inicia a tramitación dos expedientes "atrasados ou paralizados" durante os últimos tres meses
Por Oskar Viéitez |
-
O cambio a LED no Burgo e a nova nave de piragüismo pagaranse con fondos provinciais
Por Alejandro Espiño |
-
A incorporación de Luisa Sánchez leva a Rafa Domínguez a ocupar a vicepresidencia primeira da Deputación
Por Anxo Lourido |