Premian aos centros de saúde de Vilanova de Arousa e Virxe Peregrina
Por Redacción
Os centros de saúde Vilanova de Arousa e de Virxe Peregrina de Pontevedra recibiron este mércores na Consellería de Sanidade sendos premios polos seus plans locais de saúde vixentes.
O centro de saúde pontevedrés de Virxe Peregrina foi premiado pola súa capacidade investigadora no eido da Atención Primaria. Segundo destacou a súa xefa de servizo, a doutora Coro Sánchez Hernandez, "leváronse a cabo melloras nas catro dimensións: aumentamos o número de titores docentes tanto de MIR como de alumnos de grao e contamos xa con 6 residentes. Melloráronse os circuítos de xestión interna: identificación de profesionais, desenvolvemento de plans de acollida a profesionais, aumentando o número de publicacións e participamos en proxectos de investigación competitivos".
O centro de saúde Virxe Peregrina é, así mesmo, pioneiro na implantación do programa PROA comunitario, do que derivan diferentes actividades formativas acreditadas no uso racional de medicamentos e, por último, mellorouse a atención a diferentes procesos mediante o desenvolvemento de diferentes protocolos multidisciplinares.
"Todo isto, permitiu completar a nosa carteira de servizos, que conta xa con Nutrición, Fisioterapia, Cirurxía Menor, Psicoloxía Comunitaria e, proximamente, Ecografía Clínica" subliña a doutora Coro Sánchez.
No caso do galardón ao centro de Atención Primaria vilanovense, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) destacou a sua dimensión profesional desenvolvida.
Relacionadas:
-
Persoal do centro de saúde de Lérez realizará probas de tensión arterial, glicemia e peso diante do Mercado
Por Redacción |
-
Rueda apreza a innovación do alumnado do CIFP Carlos Oroza na visita aos novos espazos do centro
Por Anxo Lourido |
-
Os socialistas propoñen novos usos para o antigo asilo e o Provincial, creando dúas prazas públicas
Por Alejandro Espiño |
-
A incorporación de doce ecógrafos portátiles para Atención Primaria mellorará a lista de agarda
Por Redacción |