Un home con orde de afastamento por violencia machista, detido agora por agredir á súa ex parella
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra detivo un home de 33 anos como presunto autor dun delito de violencia machista por agredir á súa ex parella e comprobou que tamén ten en vigor unha orde de afastamento doutra vítima polo mesmo delito.
Os feitos sucederon na tarde do sábado no rural pontevedrés e o home foi detido pouco despois. A Policía Local localizouno na cidade e confirmaron que consta unha orde de afastamento doutra vítima por violencia de xénero.
Segundo a información que recolle o informe policial, a vítima, de 34 anos, indicou que o detido, de 33, estaba agardándoa no exterior da súa vivenda cando ela chegou en coche acompañada doutras dúas persoas.
Cando ela baixou do vehículo, el doulle unha patada nun costado que lle obrigou a acudir a un centro médico para ser tratada.
A vítima foi defendida por un dos acompañantes do vehículo.