Detido nun control policial un veciño de Poio buscado por roubo
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Local de Poio detiveron este xoves 15 de febreiro a un home buscado por roubo.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Poio, os feitos ocorreron durante un control policial habilitado sobre as nove da noite.
Este individuo, de 41 anos de idade e veciño do municipio, tiña unha orde de búsqueda, detención e presentación no Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, por un presunto delito de roubo con intimidación.
Os axentes verificaron na base de datos que a este suxeito tamén lle constaban antecedentes por un delito contra a seguridade viaria, por conducir baixo a influencia do alcol con resultado de danos por accidente tráfico, tamén ocorrido en Poio.
Os axentes trasladaron a este veciño a dependencias policiais para iniciar as dilixencias e este venres foi posto ao dispor xudicial.
Relacionadas:
-
Un condutor quintuplica a taxa de alcohol permitida despois de causar un accidente en Lourido
Por Anxo Lourido |
-
Policías nacionais e gardas civís piden a dimisión de Marlaska polo agravio salarial e de pensións en que continúan
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Policía descarta unha sabotaxe e atribúe a un cúmulo de erros a avaría do TAC de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Identificada unha persoa por realizar graffitis nun establecemento comercial da cidade
Por Oskar Viéitez |