O complexo de servizos municipais en Nantes sae a concurso por 2,6 millóns de euros
Por Redacción
A empresa municipal de vivenda e solo, Ínsula Sanxenxo, licitou este xoves a primeira fase do complexo de servizos municipais no parque empresarial na que se inclúe a primeira nave almacén que se destinará para equipamento de praias, iluminación pública ou maquinaria de parques e xardíns.
O edificio que terá unha superficie de 3.800 metros sae a concurso por 2,6 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.
A construción desta nave permitirá ao Concello de Sanxenxo o aforro de 40.000 euros ao ano polo actual alugueiro do almacén.
A parcela municipal na que se levantará a nave ten unha superficie de 8.343 metros cadrados. O almacén incluirá no soto un aparcamento para 16 vehículos municipais e tres puntos con cargadores eléctricos.
Tamén contará con paneis solares que supoñerán un importante aforro na factura da enerxía eléctrica. O obxectivo é construír un edificio sostible e ecoeficiente cun aseo, dous vestiarios, uns despachos de billetes e dous accesos. O exterior dispoñerá dun aparcamento e un xardín.
A nave sustentarase mediante piares de formigón prefabricado sobre os que apoiarán cerchas a dúas augas prefabricadas. A cuberta da nave proxéctase de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich. O illamento será de panel sándwich.
As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados, dispostos a modo de zócalo e cerramento, a partir de determinada altura e seguindo o deseño da fachada de incorpora unha coroación transventilada composta por unha combinación paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio. Complementarase o cerramento con celosías e parasoles en determinados paramentos, para os efectos de minimizar a exposición de estancias habitables.
Os chans en contacto co terreo proxéctanse mediante soleira de formigón con espesor acorde á carga e tipo de tráfico que soporte. Dispoñerase sobre capa de grava con protección de lámina de polietileno de alta densidade. O acabado resólvese con formigón puído, con gres antiescorregadizo para os cuartos húmidos. Na carpintería exterior da nave, de aluminio anodizado, proxéctase a instalación de portais de acceso por fachadas, de tipo corredera e/o seccionales elevables.
Relacionadas:
-
Trece empresas optan a construír a primeira nave do complexo de servizos municipais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Impulso ao parque empresarial de Nantes coa primeira fase do complexo multiservizos
Por Redacción |
-
Sanxenxo saca a licitación o alugueiro de dúas naves como almacén para distintos servizos municipais
Por Redacción |
-
Primeiros pasos na tramitación do complexo municipal de servizos previsto no parque empresarial de Nantes
Por Redacción |