Caldas mantén a súa programación de Entroido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis confirmou que se mantén na data e hora previsto o gran desfile de Entroido deste domingo 11 de febreiro.
Así o anunciou o tenente de alcalde, Manuel Fariña, ao esperarse unha mellora nas condicións meteorolóxicas.
Desta forma o desfile partirá, tal e como estaba deseñado, ás 17.00 horas do Paseo Román López para dirixirse pola rúa de As Palmeiras e terminar pola rúa Real de novo cara ao Paseo Román López.
A entrega de premios aos mellores disfraces e agrupacións está prevista ás 20.00 horas no Auditorio.