Instalan dous pasos de peóns elevados na rúa República Arxentina
Por Redacción
Nos últimos días instaláronse dous pasos de peóns elevados na rúa República Arxentina, no centro urbano de Marín.
Dentro das obras de ensanche das beirarrúas acometidas nas últimas semanas construíronse estes dous resaltos na zona da Laxe ata o seu cruzamento coa rúa Concepción Arenal.
Segundo o Concello de Marín, esta instalación é "unha medida de seguridade viaria que procura acougar o tráfico e garantir a seguridade dos transeúntes".
Engaden que estes pasos, próximos ao CEIP da Laxe, "esixen que os vehículos que circulan por esta vía fágano cunha velocidade adecuada".