Abren o prazo para presentar alegacións ao regulamento da venda ambulante en Bueu
Por Redacción
O Boletín Oficial da Provincia recolle publicada a modificación do regulamento de venda ambulante, aprobado inicialmente polo Concello de Bueu.
A partir de agora establécese un prazo de trinta días, ata o 6 de marzo, para que as persoas ou colectivos que o desexen presenten alegacións a este novo texto, que se atopa a disposición a través do taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello.
Este novo regulamento substitúe ao de 2005 coa intención de adaptarse á lexislación actual, segundo manifesta Sivia Carballo, concelleira de Promoción Económica e Turismo.
A proposta se consesuaba desde o goberno local coa Asociación de Vendedores e Vendedoras Ambulantes e regula as transmisións e a venda de excedentes do campo, demandadas por este colectivo.
Desde o Concello indican que co novo texto buscan solucionar algúns dos problemas detectados durante os últimos anos, sobre todo en relación a axilizar os procedementos administrativos para autorizar a venda e as transmisións entre vendedores e compradores.