Isidre Esteve, en Pontevedra: "El deporte es una herramienta de integración universal"
Por Redacción
O Campus de Pontevedra recibiu nos últimos días unha visita moi especial, a do piloto Isidre Esteve. Afectado por una lesión medular desde hai seis anos, acudiu á cidade para participar na inauguración do curso Fitness con atención á discapacidade e mobilidade reducida. Na súa intervención destacou que "el deporte es la herramienta de integración universal", polos valores que inculca e por como contribúe á socialización das persoas.
"La actividad física tiene una repercusión directa en la calidad de vida de las personas que tenemos una discapacidad", resaltou este piloto, que en 2007 sufriu un accidente que o levou a unha cadeira de rodas. Recoñece que os primeiros meses foron duros, "porque nadie está preparado para esto, que es algo que llega sin llamar la puerta y sin libro de instrucciones", pero atopou no deporte o esforzo, sacrificio e superación para saír adiante.
A súa lesión non supuxo que o piloto, que durante moitos anos se mantivo entre os mellores motoristas do París-Dakar, abandonase o mundo do motor. De feito, tras cambiar os vehículos de dúas rodas polos de catro, Esteve gañou en 2013 o Campionato de España de Boogies. "Puedo seguir compitiendo a pesar de mi discapacidad, simplemente uno tiene que adaptarse a los cambios y sacarles el máximo beneficio posible", afirma.
Todo un exemplo de superación que defende que as persoas que padecen algún tipo de discapacidade poidan contar con igualdade de oportunidades para realizar actividade física. "Todos los días oímos hablar de integración social y de igualdad de oportunidades, pero cuando una persona que sufre una discapacidad quiere hacer deporte hay muchos factores que no le dejan llevar a cabo una actividad normal", denuncia Esteve.
A raíz da súa lesión, Isidre Esteve creou unha fundación co obxectivo de contribuír "a mejorar la calidad de vida a personas que sufren algún tipo de discapacidad". A través dos centros que puxo en marcha en Barcelona e Vigo, ensinan ás persoas con mobilidade reducida a realizar unha serie de programas de actividade física adaptados ás súas necesidades, co obxectivo de que posteriormente poidan practicar pola súa conta exercicio con regularidade.
De aí que destacara, diante dos futuros profesionais do sector, a importancia dunha boa preparación dos traballadores de instalacións deportivas para adestrar a persoas con problemas de mobilidade. "Con un material muy básico, que hay en cualquier sala de fitness se pueden realizar gran cantidad de ejercicios", sinalou o piloto, quen considera que "hay que adaptar la actividad física a la discapacidad" e non ao revés.