A Xunta e o Concello completarán o saneamento na parroquia de Tenorio
Por Oskar Viéitez
A Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade colaboran achegando máis de 377.000 euros para completar o saneamento na parroquia de Tenorio.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde, Jorge Cubela, cumprimentaron este luns o acto administrativo de rúbrica do convenio, polo que se acometerán as obras para levar a rede de saneamento ata os núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio.
Prevese a execución de 6 tramos de colectores, despregando preto de un quilómetro de nova rede de saneamento.
O convenio fixa o compromiso da Xunta de contratar, executar e financiar as obras nun 89%, con case 336.000 euros, mentres que o Concello achegará o 11% restante.
O obxectivo é iniciar os traballos no último trimestre do ano, cun prazo de execución de 6 meses.
Tras a formalización hoxe na Casa do Concello do acto administrativo, continuarase cos trámites correspondes, coa consecución da documentación municipal preceptiva para a licitación das obras.