Así foi a Cabalgata de Caldas de Reis… Magos
Por Redacción
Os Reis Magos percorreron este venres o concello de Caldas nunha atractiva e alegre cabalgata que estreou nova decoración e novo percorrido, deseñado pola Concellería de Cultura.
O desfile partiu ás seis da tarde dende o Paseo Román López e seguiu pola rúa das Palmeiras, Praza Martín Herrera, Carlos García Bayón, Juan Fuentes, Río Bermaña, Campo da Torre, Rúa Real e Praza das Palmeiras.
Contou coa participación de máis de medio cento de rapaces de moi diferentes idades. Nun obradoiro, o pasado día 3, elas e eles mesmos fixeron as súas coroas e outros adornos para a súa vestimenta na comitiva.
As tres carrozas das Súas Maxestades de Oriente tamén luciron totalmente renovadas cun deseño máis moderno que en anos anteriores. Repartíronse en total máis de 300 quilos de caramelos sen glute e outras chucherías.
Acompañando a Melchor, Gaspar e Baltasar estivo a Banda de Música de Caldas, así como o grupo de gaitas ‘As Espiñas’.
Ao finalizar o desfile, os Reis Magos recibiron á rapazada.
O tenente de alcalde Manuel Fariña quixo dar as grazas a todo o persoal do Concello implicado na organización da cabalgata, así como a Protección Civil e Policía Local.
Relacionadas:
-
Caldas estrea un novo percorrido para o Desfile de Entroido e a primeira Festa Infantil de Máscaras
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas pecha un Nadal "extraordinario " con "cheo absoluto en todas as actividades"
Por Redacción |
-
Novo percorrido e decoración para a cabalgata de Reis de Caldas
Por Redacción |
-
Papá Noel fará parada nos centros educativos de Caldas na súa ruta pola comarca
Por Redacción |