A ledicia dos Reis Magos chegou ás rúas de Marín
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A maxia dos Reis Magos chegou ás rúas de Marín coa Gran Cabalgata Real, na que participaron máis de 200 nenos, repartidos en cinco carrozas que percorreron a vila.
Este ano, as Súas Maxestades saíron ao balcón do Concello para saudar a toda a veciñanza e de alí foron acompañados pola alcaldesa, María Ramallo, ata os coches oficiais, que os levaron ata Nodosa, onde se subiron ás carrozas para arrancar a Cabalgata.
Despois do percorrido, acabaron no Templo Novo do Parque Eguren onde se fixo a representación do Belén Vivinte a cargo da Asociación Os da Caña, quenes foron este ano os encargados de inaugurar o Nadal no gran acendido das luces.
BUEU
No caso de Bueu, os Reis Magos chegaron nunha embarcación tradicional da Asociación Cultural os Galos ao porto pola mañá, saudando a todos os presentes no lugar, na Praza de Abastos e logo aos máis pequenos no salón do Centro Social do Mar. Pola tarde percorreron o centro urbano en carrozas, terminando a súa visita no Concello.
Os Reis Magos en Marín
Este ano, as Súas Maxestades sairon ao balcón do Concello para saúdar a toda a veciñanza e de alí foron acompañados pola alcaldesa, María Ramallo, ata os coches oficiais, que os levaron ata Nodosa, onde se subiron ás carrozas para arrancar a Cabalgata
© Concello de Marín