"Al señor Puentes no le interesa ni Pontevedra ni le interesa su programa electoral, solo le interesa medrar dentro de su partido"
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez compareceu este venres en rolda de prensa para facer unha serie de consideracións con respecto ao pleno do Concello de Pontevedra do próximo luns 8 no que se votará a moción de confianza presentada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores ligada á aprobación do orzamento.
Rafa Domínguez reiterou que o Partido Popular non vai apoiar estes orzamentos "porque son malos para Pontevedra" e rexeitou que ter as contas municipais prorrogadas poña en risco determinadas actuacións do Concello, tal e como argumentou estes días o alcalde. "Eso es absolutamente falso. Si eso estuviese en riesgo, el señor Lores no hubiese prorrogado los presupuestos el pasado año", sinalou. "Los veo muy nerviosos", comentou.
O portavoz local dos populares considera que o rexedor do BNG está a xerar unha "alarma pública" con esas afirmacións pero que con iso "no nos va a intimidar".
Rafa Domínguez asegurou que o alcalde continúa actuando "con la misma prepotencia o quizás más que tenía en mandatos anteriores" e que "está claro que cuando la noche electoral le dijo los pontevedreses que había tomado nota, era absolutamente falso".
Tamén reprochou ao goberno local do BNG que "al menos en el caso del Partido Popular, no han llegado ni siquiera a negociar" e lembrou ao alcalde a "aritmética" da actual Corporación municipal con 9 concelleiros do Bloque, 11 do Partido Popular e 5 do PSOE, polo que "la debilidad de Lores no va a durar solo este mes" e por iso "podemos convocar la moción de censura en cualquier momento del mandato".
Hai unha cousa na que Rafa Domínguez indicou que si coincide con Miguel Anxo Fernández Lores "y le tengo que dar una razón" e esa cuestión é que "si al señor Puentes su partido le dejase, probablemente habría posibilidades de establecer una alternativa" dixo respecto a a oportunidade de acordar unha moción de censura co portavoz local do Partido Socialista, Iván Puentes.
"Tengo la absoluta certeza de que el señor Puentes no tiene ni capacidad de decisión ni liderazgo suficiente como para generar una posibilidad de cambio en Pontevedra" insistiu o líder da oposición.
Rafa Domínguez destacou que "al señor Puentes no le interesa ni Pontevedra ni le interesa su programa electoral, solo le interesa medrar dentro de su partido y para hacer eso tiene que ser sumiso a las direcciones de Santiago".
Por último, o portavoz do PP subliñou que "el BNG y el Partido Popular seguimos en nuestra posición. El que ha variado su posición durante estos meses es el PSOE" en asuntos como a apertura ao tráfico de Raíña Victoria, a RPT dos funcionarios, os investimentos en Monte Porreiro, entre outros exemplos que citou. "Son ellos los que tendrán que dar explicaciones a su electorado", engadiu.
Relacionadas:
-
"Nin medio socialista" fará alcalde a Rafa Domínguez, di Iván Puentes, que acepta negociar "proxectos concretos"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez invita o PSOE a "explorar posibilidades" para que Lores non siga "en la poltrona"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores lamenta que PP e PSOE se poñan de acordo "para destruír e para que as cousas non funcionen"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores non logra a confianza do pleno e reta a PP e PSOE a "articular" unha alternativa
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PSOE critica os "despóticos delirios de cacique autócrata" do alcalde de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Pontevedra remite unha carta aos voceiros do PP e o PSOE "ante unha situación excepcional"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores di que "hai que ser moi inxenuo" para crer que non pode tomar forma unha moción de censura en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Chamamento de Lores a PP e PSOE para que "garantan a gobernabilidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores anuncia unha cuestión de confianza ao saír rexeitado o orzamento do Concello
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |