O ano volverá terminar en Sanxenxo queimando calendarios e cun mergullo solidario
Por Redacción
Sanxenxo poñerá o broche de ouro a 2023 cunha intensa programación na que non faltarán citas que xa se converteron en habituais como un mergullo solidario ou un espectáculo pirotécnico.
Se a meteoroloxía o permite, o domingo 31 de decembro comezará cunha Noitevella adiantada doce horas organizada pola Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro en colaboración co Concello na Praza Pascual Veiga.
A actividade dará comezo ás 11:30 horas cunha charanga para ir creando ambiente festivo e ás 12.00 comezarán a soar as badaladas. A continuación, non faltará a xa tradicional queima de calendarios de 2023 para dar a benvida ao 2024.
A praia de Silgar será a partir das 17.00 horas o escenario perfecto para o Mergullo Solidario da Asociación Aladina, unha actividade coa que se recadan fondos para a investigación do cancro infantil. A cita estará amenizada pola música de Marcos Sabor e cunha chocolatada.
Os que o desexen poden colaborar coa compra de rifas o propio día e, á súa vez entrar nun sorteo de premios, ou facelo a través desta ligazón: aladina.org/crowfunding/un-chapuzon-solidario-2. Os que acudan disfrazados poderán optar a un premio tanto en categoría infantil como adulta.
A guinda da xornada poñeraa o espectáculo de fogos artificiais que este ano virá acompañado de música a partir das 20.00 horas desde a Praza do Mar. Serán en total 11 minutos de espectáculo de luces e cores sobre o ceo de Silgar con formas e figuras diferentes ao ritmo de variados temas musicais cos que se busca espertar os sentidos do espectador.
Relacionadas:
-
Un mergullo solidario co cancro infantil pon o broche de ouro a 2023 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Nada mellor que despedir o ano bañándose en Silgar por unha boa causa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
4.000 efectos lumínicos brillarán no espectáculo pirotécnico de despedida de 2021
Por Redacción |
-
Nadal "diferente" en Sanxenxo con mergullo solidario en Silgar
Por Redacción |