Petisco de Nadal e homenaxe na Deputación aos vinte traballadores xubilados este ano
Por Redacción
Aproveitando a celebración do tradicional petisco do Nadal, a Deputación de Pontevedra recoñeceu aos vinte traballadores do organismo provincial que se xubilan este ano.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, declarou que "celebramos a xubilación de vinte persoas, vinte traballadores desta casa que dedicaron boa parte da súa vida a facer máis provincia", á vez que agradeceu o seu esforzo e dedicación durante os anos que traballaron.
López brindou tamén un sentido recordo, en nome de toda o organismo, ao traballador do museo falecido este ano, Manuel Villaverde.
O acto rematou coa entrega de premios de decoración do Nadal, que contou coa implicación dos traballadores de todos os servizos que alberga o Pazo Provincial.