Queres desfrutar da organización da túa voda sen preocupacións? Chega a 'expo' máis agardada
O Recinto Feiral de Pontevedra, acollerá a terceira edición da Expo de Vodas, Eventos e Comuñón "De Voda con Nerea" os vindeiros 26, 27 e 28 de xaneiro.O evento contará, ao igual que en edicións anteriores, con numerosos expositores de diversos sectores: fotógrafos, perruquerías, xoierías, vestidos de noiva e noivo, coche clásico, últimas tendencias en decoración, glitter, xiro 360, etc…
Ao longo dos dous días de evento non faltarán os desfiles de noiva, madriña, invitada, comuñón, etc…
Na zona bar, haberá mesas e zonas chill out con foodtrucks onde almorzar, merendar ou descansar para seguir o percorrido.
O venres 26, será unha xornada só para profesionais, a porta pechada. Levarase a cabo un networking con catering e viño español, que dará comezo ás primeiras sinerxías dos participantes.
O sábado 27 e domingo 28, días de apertura ao público, continúan estas sinerxías cos almorzos profesionais (de 9:30h a 11:00h) antes de dar comezo á Expo.
Tódalas persoas que visiten a Expo deberán rexistrarse na entrada para poder participar nos sorteos, entre os que se atopa un bono de 1.000€ para investir na túa voda, comuñón ou evento.
O sorteo celebrarase o domingo sobre as 20:00h e, despois do mesmo, despedirémonos cun pequeno ágape.
A Expo poderase visitar en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:30h, ambos días.
► SE CASAS NO 2024-2025...
En resumo, se casas no 2024/2025 e queres desfrutar da organización da túa voda sen preocupacións, non dubides en anotar esta data porque:
- O sector das vodas e eventos está en constante cambio e é unha boa forma de estar ao día das tendencias.
- Poderás tratar persoalmente cos provedores de diferentes sectores nun mesmo espazo.
- Ademáis de stands de provedores, terás desfiles, exhibicións de peiteados, charlas, e outras moitas actividades das que coller ideas.
- Obter descontos especiais.
- Participar en diversos sorteos.
Relacionadas:
-
"De Voda Con Nerea" enche de maxia o Recinto Feiral coas súas propostas para vodas e eventos
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Conta atrás para a Expo de vodas, eventos e comuñóns "De Voda Con Nerea"
Por Noticia patrocinada |
-
O Teatro Principal, lugar de inspiración para as ideas máis creativas para unha voda
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
VODA MANÍA, showroom de vodas e eventos este sábado en Pontevedra
Por Noticia patrocinada |
-
'De voda con Nerea' regresa para inspirar ás parellas coas súas propostas nupciais
Por Raquel Currás Martínez |