VODA MANÍA, showroom de vodas e eventos este sábado en Pontevedra
Este sábado 30 de setembro en horario de 11.30 a 20.30, celébrase no Teatro Principal de Pontevedra VODA MANÍA un showroom de vodas e eventos organizado por "La Boda de Nerea".
Nun día tan especial como a túa voda, sabemos o importante que é atopar os provedores perfectos e as ideas máis creativas para facer da túa celebración un evento inesquecible.
No primeiro andar do Teatro Principal de Pontevedra e con entrada completamente gratuíta, agárdache un espazo cheo de elegancia e romanticismo, onde un grupo reducido de grandes provedores do sector reúnense para compartir contigo os seus coñecementos e ofrecerche as últimas tendencias en moda, decoración, organización, música, xoiería, detalles para os teus invitados, fotografía, tortas nupciais, estilismo e moito máis.
Aquí poderás coñecer persoalmente os profesionais que están detrás de cada servizo, o que che permitirá tomar decisións ben consensuadas así como personalizar cada detalle.
Ademais, neste evento poderás facerte coas primeiras compras da tempada. Teremos venda directa en produtos de moda muller e neno así como en complementos, xoiería, etc...
Todos os que vos pasedes a visitarnos levaredes unha entrada dobre para a Expo de Vodas de Xaneiro, "De Boda con Nerea", coa cal entraredes no sorteo dun gran número de agasallos entre os que cabe destacar un cheque de 1000 € para investir na vosa voda ou evento.
Deixámosvos unha listaxe dos provedores que aquí poderedes atopar:
Son D´Iria
Las Cosas de Noe Shop Moda
Pamolita Eventos
MeryPuch Tocados y Complementos
María Meirás Maestra de Ceremonias
Salitre & Papel
Son Events
Muy Mía
La Ventana de Gras
Essentia HM
La Fiesta de Isabella
Peluquería Nieves Blanco & Conde
Ailee Boho Moda
Los Dulces de Albita
Viaja con Josiño
El Armario de Alia
Ars Semper
Acua Belleza Estética
Patri Poppins
Her Closet Shop
Anuket
Kousiñas
Rbou Studio
Zaira Oliveira
Remataremos o día cun ágape de despedida.
Esperámosvos!!!!!