Conta atrás para a Expo de vodas, eventos e comuñóns "De Voda Con Nerea"
Os próximos 27 e 28 de xaneiro celébrase no Recinto Feiral de Pontevedra a terceira edición da Expo de vodas, eventos e comuñóns "De Voda Con Nerea", organizada pola empresa de organización de eventos "LA BODA DE NEREA".
Este encontro ofrece a futuros noivos, familiares e amigos unha oportunidade única de explorar unha ampla gama de servizos e produtos especializados para facer que eses momentos especiais sexan inesquecibles.
O evento terá lugar, tanto o sábado como o domingo, en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:30h.
Este ano contan coa presenza do cociñeiro michelín Iñaki Bretal, que lles acompañará con O Eirado Eventos e o seu novo espazo para vodas e eventos Punta Moa. Ubicado na praia de Aguete, este espazo idílico é perfecto para celebrar un evento de categoría.
Ademáis dos xa tradicionais desfiles de noiva, invitada, madriña, arras e comuñón, o evento contará tamén con diversos sorteos e actuacións en directo como:
- Un concerto en directo de música para cerimonia de CLÁSICAS DE BODA
- Un concerto en directo de música para o cocktail de PETIT CANAPÉ
- Unha exhibición da coreografía do voso baile nupcial de SARA TORO BAILE NUPCIAL
Para participar nos sorteos as parellas deberán inscribirse na entrada. Haberá un espazo habilitado para iso, dentro da propia feira, onde cubrir as papeletas.
– Sortearanse:
- 1000€ para investir na vosa voda
- Dous bonos dunha fin de semana en CASA DO SEAR
- Unha contratación de música para cerimonia civil de CLÁSICAS DE BODA
- Un ramo de noiva cortesía de FLORISTERÍA LOLA
- 50% de desconto na contratación do grupo PETIT CANAPÉ
- 50% de desconto na contratación do grupo SON D'CÍES
- Unha sesión de tupper sex para despedidas de solteira (só para mozas)
- Creación da coreografía do teu baile nupcial con clases prácticas de SARA TORO BAILE NUPCIAL.
Todo o evento estará sonorizado polo dj EVENTUALIVE, coordinación dos desfiles M&H MODELS VIGO, peiteado e maquillaxe NIEVES BLANCO & CONDE e LA BELLEZA DE ABBA, decoración CHALADURA e, por suposto, toda a cobertura visual de JOSE MOSQUERA VISUALGAL.
– Lista de provedores:
- SON EVENTOS
- SALITRE&PAPEL
- ESSENTIAHM
- PAMOLITA EVENTOS
- NIEVES BLANCO & CONDE
- PÁJAROS EN MI CABEZA
- PIXELECER
- LA VENTANA DE GRAS
- VIAJA CON JOSIÑO
- NOTBLANK
- GARAJE MÁGICO
- MEPIACHI
- LARÁN STUDIO
- TAROMA EVENTOS
- CHALADURA
- FLORY LIPA
- O EIRADO EVENTOS
- IÑAKI BRETAL
- PUNTA MOA
- ARAX GAZZO
- D'FESTA ANIMACIÓN
- MELISSA GONZÁLEZ WP
- OLGA MODAS
- EL ARTE DE ILUMINARTE
- EVENTUM
- VAGALUME
- SARA TORO BAILE NUPCIAL
- VISUALGAL
- CLÁSICAS DE BODA
- EVENTUALIVE
- KOUSIÑAS
- LET´S PARTY EVENTOS
- XOGANDO CO VENTO
- PILAR SENÍN OFICIANTE DE CEREMONIAS
- XOGANDO CO VENTO
- BODA EN CLÁSICO
- AUTOCARES RÍAS BAIXAS
- RUTA 82
- TRASNIÑOS
- LA BELLEZA DE ABBA
- PETIT CANAPÉ
- EL ARMARIO DE ALIA
- TEAM CARPACCIO
- MAGDALENA SALÁ
Unha fin de semana completa con sorteos, actividades e grandes profesionais do sector cos que, o principio da organización da vosa voda ou evento, marcará un antes e un despois.
Relacionadas:
-
"De Voda Con Nerea" enche de maxia o Recinto Feiral coas súas propostas para vodas e eventos
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Queres desfrutar da organización da túa voda sen preocupacións? Chega a 'expo' máis agardada
Por Noticia patrocinada |
-
O Teatro Principal, lugar de inspiración para as ideas máis creativas para unha voda
Por Cristina Saiz & Redacción |