Fin de semana chea de música, arte e solidariedade en Soutomaior
Por Redacción
O 'Nadal das Persoas' ofreceu este sábado en Soutomaior a Mostra de Nadal protagonizada polas manualidades das ANPAS do CEIP Padín Truiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio, a lutier Lorena Reinaldo, a cerámica creativa de O Sibeiro, a xoguetería artesanal Miudiño Sociedade Cooperativa Galega e polos albariños locais Cosecheiros reunidos, Quinta das Eiras e Noelia Bebelia.
Unha mostra que estivo presente durante toda a tarde na carpa, instalada na Alameda de Talo Río. Neste mesmo espazo tivo lugar o espectáculo “Fuco e Xela” da compañía Os Piñeiriños, unha cita que fixo cantar, rir e, sobre todo, bailar aos máis pequenos da casa.
Logo chegou a quenda da charla "O taller de Marcos Mariño" unha cita onde o artista local explicou como vai o seu traballo e a súa arte a través dun tronco e coa súa motoserra. Trala charla tivo lugar o sorteo da figura A Lavandeira, para formar parte deste sorteo o único que se tiña que facer é deixar un alimento non perecedero que vai destinado a Cáritas Arcade e a Cártidas Soutomaior para axudar, nestas datas ás persoas máis vulnerables.
Despois da charla chegou o broche de ouro da xornada a cargo do concerto de Son das Tabernas que ofreceron o seu mellor directo, con dúas horas e media de música, onde conseguiron facer bailar e desfrutar a todas e todos os asistentes coas súas cancións e versións de temas popularmente coñecidos.
Xa o domingo, a Mostra de Nadal está protagonizada, ata as 20:00 horas pola campaña solidaria “Un Libro un Chocolate” organizada pola Biblioteca Municipal Luís Seoane e onde a recadación da compra dos libros foi destinada a Cáritas Arcade e a Cáritas Soutomaior e onde grazas a esa compra a xente adquiriu un vale por un chocolate con churros a canxear na Feira de Talo Río o 26 de decembro.
Dende o concello lembran que ata o 19 de decembro está aberto o prazo de inscrición na 1ºedición da Carreira San Silvestre Fest, para público familiar, que se desenvolverá o 30 de decembro.
Relacionadas:
-
Volven un ano máis, e xa van 22, os Cantos de Reis
Por Redacción |
-
Deste tronco sairá un Apalpador de madeira, grazas á habilidade de Marcos Mariño e a súa motoserra
Por Anxo Lourido |
-
Soutomaior promete un Nadal "solidario, comprometido, diverso e inclusivo"
Por Redacción |
-
'Eu quero local' abre o Nadal no comercio e hostalaría de Soutomaior
Por Redacción |