O maxistrado Antonio Berengua recibe a Cruz de San Raimundo de Peñafort e unha comida-homenaxe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O maxistrado e ata xaneiro presidente da Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra Antonio Berengua Mosquera recibirá este venres 7 de febreiro a Cruz de San Raimundo de Peñafort.
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, será o encargado de impoñerlle esta distinción que acaba de serlle concedida. Farao no transcurso dun acto previsto para as 13.00 horas na Sala Nobre da sede da Audiencia da rúa Rosalía de Castro.
Tras o acto de imposición, os compañeiros do maxistrado dedicaranlle unha comida-homenaxe con motivo da súa xubilación. Está prevista para as 14.30 horas no hotel Galicia Palace e os convites retíranse en ao Sección Cuarta de la Audiencia.