Anuncian a incorporación de cinco novos médicos de familia para os centros de saúde da área sanitaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a relación de 72 persoas seleccionadas no proceso selectivo para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de facultativo especialista de Atención Primaria.
Nesta relación aparecen cinco novas prazas de médico para dar servizo a centros de saúde da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
En concreto o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrece dúas prazas fixas en quenda de tarde no centro de saúde de Vilagarcía de Arousa, con gardas no Punto de Atención Continuada (PAC) de referencia da propia Vilagarcía e no de Caldas de Reis.
As outras tres prazas ofertadas son en quenda de mañá nos centros de Catoira, co PAC de referencia en Vilagarcía; no de Forcarei, con gardas nos PAC de referencia de Cerdedo e A Parda en Pontevedra; e no do Grove, que ten como PAC de referencia o do propio municipio o de Baltar, en Portonovo.
Segundo sinala o goberno galego co fin de axilizar a adxudicación de prazas todos os aspirantes, incluídos os que non teñen a condición de seleccionados, poderán elixir as prazas da súa preferencia nun acto de elección telemático para que, no suposto de quedar prazas sen adxudicar entre as médicas e médicos seleccionados, póidase realizar a selección dun novo aspirante pola orde que reflicta a lista definitiva de profesionais.
Relacionadas:
-
Preparan os menús de Nadal nos hospitais da área sanitaria
Por Redacción |
-
Os servizos de Atención Primaria de Marín, Vilagarcía, Caldas e O Grove engádense aos plans de saúde locais
Por Redacción |
-
Convocan unha concentración para esixir máis persoal de Atención Primaria e Pediatría no centro de saúde de Arcade
Por Redacción |
-
A atención primaria pontevedresa necesita sete médicos de familia "para estar nunha situación ideal"
Por Natalia Puga |
-
Petición directa a José Flores, xerente da área sanitaria, para que aumente o número de facultativos en Poio
Por Redacción |