Populares nomes - con voz de muller - acompañan aos asistentes virtuais. Da empresa pontevedresa TICGAL chega outro co nome de Uxía. Comunícase en castelán, en inglés e ademais en galego. Convidamos o podcast 'Cara a cara' ao director desta firma para que nos fale e axude a comprender que é un chatbot con Intelixencia Artificial, é dicir, que é e que pode facer Uxía.
Interactuar cun chatbot é máis frecuente do que se poida pensar a priori - quen máis ou quen menos o fixo, seguro -, a diferenza do primeiro respecto a un chatbot creado con Intelixencia Artificial, explícanola de forma sinxela Óscar Beiro. Detrás de Uxía está algo que no último ano entrou nas nosas vidas: ChatGPT. "É unha revolución. Nós somos usuarios avanzados desta tecnoloxía. É unha ferramenta que democratizou o acceso á Intelixencia Artificial", explica.
Uxía "ten dous meses e está operativa desde fai tres semanas". O seu nome non é casual, ten a súa intención e significado. O primeiro, que a denominación fose en galego. Polo de agora, Uxía está a aprender a ofrecer toda a súa funcionalidade como asistente virtual. TICGAL está radicada en Pontevedra e cumprirá dez anos en activo o próximo ano. Ofrece solucións en tecnoloxía da información con enfoque na experiencia de GLPI. Os seusclientes están en todos os continentes.
O podcast completo pódese escoitar desde a ligazón que se adxunta e tamén está dispoñible para escoitar e descargar desde a web dePontevedraViva Radio.