A Xunta lamenta que o Concello non valore o seu esforzo na mellora dos centros educativos
Por Redacción
O xefe territorial de Cultura e Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, lamentou que o concelleiro do ramo na capital da provincia "non valore o esforzo que a administración autonómica está a facer para mellorar os centros educativos de Pontevedra". ÿ a resposta da Xunta á misiva enviada polo edil socialista, Agustín Fernández.
Nun comunicado oficial, Pérez Ares recordou, que a última visita que realizou o conselleiro de Cultura e Educación a Pontevedra "mantivemos unha reunión de traballo cos responsables do centro de FP co obxectivo de analizar as posibilidades existentes de ampliación do Carlos Oroza, aproveitando tanto as actuais instalacións como os terreos dispoñibles ao seu carón", engadiu o xefe territorial.
"Estamos a traballar con posibilidades de ampliación que agora se estudarán con informes técnicos e económicos ".
César Pérez Ares recórdalle ao concelleiro pontevedrés, Agustín Fernández, que "o proxecto que se manexaba inicialmente para a construción dun novo edificio na zona da Parda non é viable nin polo seu excesivo custo económico nin pola súa resolución técnica".
O xefe territorial insistiu que o aumento de demanda da FP e a creación de novos ciclos facía que o proxecto do novo Carlos Oroza "nacera xa obsoleto".
CUBERTA DO FROEBEL
Ademáis o xefe territorial, referiuse as obras de reforma do colexio Froebel e subliñou que "a única administración autonómica que aportou investimentos reais no CEIP Froebel foi o actual Goberno da Xunta de Galicia".
Segundo Perez Ares "así o recoñecen tanto dende a dirección do centro como dende a Anpa da mesmo. Feitos son feitos e non palabras", engadiu.
Pérez Ares insiste en que "cando visitamos por primeira vez este centro ao inicio da lexislatura descubrimos que o estado de mantemento do mesmo era lamentable. De feito, a cuberta parecía máis o céspede dun campo de fútbol que un tellado". O xefe territorial engadiu que "o señor Fernández debería estar orgulloso de que a Consellería de Educación investira 700.000 euros nesta época de crise despois de que na época do Bipartito non se destinara nin un só euro a este centro emblemático de Pontevedra".
"Parece que o feito de que a administración autonómica estea a apostar pola educación pública da cidade de Pontevedra, con máis de 3 millóns de euros investidos en diversas obras de mellora de colexios e institutos, molesta ao señor concelleiro", rematou Pérez Ares matizando que "agardo a que a próxima carta que envíe a faga chegar á Xefatura Territorial explicando qué obras vai facer ao longo deste ano nos centros da cidade e matizando canto aumentou o orzamento neste capítulo, de cara a poder coordinar o esforzo coa administración autonómica".
Relacionadas:
-
Educación avanza na ampliación do Carlos Oroza fronte á construcción dun novo centro e "estase traballando xa cos planos"
Por Natalia Puga |
-
O concelleiro de Educación traslada ao conselleiro a súa preocupación pola 'lenta reforma do Froebel'
Por Oskar Viéitez |
-
Agustín Fernández acusa a Educación de crear "confusión" sobre o futuro do Carlos Oroza
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Xesús Vázquez asina un convenio con 76 centros para mellorar a calidade educativa
Por Oskar Viéitez |