Xesús Vázquez asina un convenio con 76 centros para mellorar a calidade educativa
Por Oskar Viéitez
O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acudiu este luns a Pontevedra para asinar un convenio con 76 centros da provincia "un dez por cento máis que o ano pasado", para desenvolver actuacións de mellora da calidade da docencia con contratos programa adaptados ás necesidades de cada un deles. O presuposto destinado á provincia de Pontevedra elévase a 1,9 millóns de euros.
Xesús Vázquez agradeceu no transcurso do acto, celebrado no edificio da Xunta en Pontevedra, a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten, como obxectivo a mellora da calidade sobre a base das particularidades de cada comunidade educativa.
VISITA AO SÁNCHEZ CANTÿN
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, achegouse este luns ao Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra para felicitar en persoa os alumnos recoñecidos co Premio Nacional de Educación polo uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación como apoio á personalización da aprendizaxe en educación secundaria.
"Sodes afortunados por pertencer a este instituto, que vos prepara non só para sacar un cinco e que é un referente en Pontevedra, na provincia e tamén a nivel nacional", lles dixo aos mozos.
Como recompensa o conselleiro trouxo consigo unha pequena caixa con libros para reforzar a súa mensaxe de que "sexa cal sexa o proxecto, sempre está a biblioteca detrás, é o punto de partida de todo". Xunto aos alumnos, Xesús Vázquez, destacou o traballo realizado polos docentes Esperanza Gesteira, María Rosario Sánchez-Gabriel e Anxo González, que deseñaron a aplicación para móbiles.
Ademais o conselleiro interesouse polos danos ocasionados pola sarabiada do pasado Nadal "co compromiso de arranxar durante este ano a cuberta".
CARLOS OROZA E FROEBEL
O conselleiro tamén visitou este luns as instalacións do centro CIFP Carlos Oroza, pendente dun proxecto de ampliación das instalacións despois de descartarse a construción dunha nova Escola de hostalaría, "consideramos que é importante mellorar ás intalacións e neso imos a traballar", afirmou Vázquez.
O titular de Educación da Xunta explicou que a visita serviu "para ver ás súas necesidades e comprobar o bó desenvolvento que está a levar a cabo o equipo directivo".
Outro "compromiso histórico" que recordou o conselleiro é a terceira fase das obras de reforma do Colexio Froebel, "vaise levar cabo pero teño que falar coa dirección do colexio e coa Secretaría Xeral para ver como planificamos ese novo orzamento", en todo caso insistiu en que "queremos que sexa un centro de referencia".
Relacionadas:
-
A Xunta lamenta que o Concello non valore o seu esforzo na mellora dos centros educativos
Por Redacción |
-
O concelleiro de Educación traslada ao conselleiro a súa preocupación pola 'lenta reforma do Froebel'
Por Oskar Viéitez |
-
Agustín Fernández acusa a Educación de crear "confusión" sobre o futuro do Carlos Oroza
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Catro estudantes de institutos pontevedreses, premios extraordinarios ao rendemento académico
Por Redacción |
-
Angel Carracedo alimenta a curiosidade e a creatividade dos alumnos do Sánchez Cantón
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A aplicación móbil sobre Pontevedra creada no Sánchez Cantón será utilizada como ferramenta turística
Por Alejandro Espiño |
-
As carencias do Carlos Oroza deixan fora, segundo o Concello, uns 700 estudantes
Por Redacción |