Montecelo, colapsado por falta de médicos nos PAC, pide compresión aos pacientes: "a demora na asistencia non é arbitraria"
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este domingo 8 de xaneiro non hai médicos nos PAC do Grove, Baltar, Caldas de Reis e A Parda. Esta situación está a aumentar a asistencia de pacientes ao servizo de Urxencias do Hospital Montecelo e, por tanto, aumentando os tempos de espera para recibir asistencia.
Esta situación de falta de médicos nos PAC é habitual, pero o extraordinario na xornada deste domingo é que afecte ao mesmo tempo os catro do Grove, Baltar, Caldas e A Parda.
Ademais, esta fin de semana, segundo fontes sanitarias consultadas por este xornal, están a darse a situación de que non se formalizou ningún ingreso de pacientes en planta por falta de camas.
A situación non é nova neste centro hospitalario pontevedrés, despois de moitos meses xa con déficit de médicos en atención primaria que colapsa a atención hospitalaria, pero este domingo si hai unha novidade: avísase desta circunstancia a todos os pacientes que chegan a Montecelo.
O equipo médico de garda este domingo asina un escrito que está publicado en todos os cristais da área de Urxencias e todos os pacientes que entran pola porta reciben unha copia en man para que estean ao tanto da situación.
O escrito quere poñer en coñecemento dos usuarios do servizo de Urxencias que nos PAC do Grove, Baltar, Caldas de Reis e A Parda unicamente terán asistencia por parte de enfermería, derivándose aos pacientes a Montecelo para a súa valoración.
Ademais, indican que, a pesar desta situación nos puntos de atención continuada, non se estableceron reforzos médicos neste centro ("cousa que é habitual", aclaran), polo que isto implican que atenderán a un maior número de pacientes cos mesmos medios.
O equipo médico avisa de que "conlevará unha maior demora na asistencia" e que se priorizará a asistencia atendendo a criterios de gravidade avalados polo sistema de triaxe Manchester disposto polo Sergas, como vén sendo habitual.
O escrito difundido tamén lembra que só poderán pasar acompañados os pacientes dependentes ou incapacitados, así como os menores de idade.
O equipo médico ha querido poñer isto en coñecemento dos usuarios para que "comprendan que a demora na asistencia ten unha causa, non é arbitraria", e que priorizándoa con criterios médicos asegurarán unha correcta asistencia sanitaria á poboación.
Os facultativos falan dunha "precaria situación actual extrahospitalaria" e agradece aos pacientes que valoren con bo criterio "a necesidade de asistencia urxente no día de hoxe".
Tamén lembran aos pacientes que hai follas de reclamación ao dispor de quen queira expoñer unha queixa formal pola situación.