Estamos na época de maior actividade comercial. Se buscas unha compra satisfactoria no comercio físico, por que non facer o mesmo na compra en liña?, e sendo así que significa unha compra satisfactoria en liña?. O primeiro: unha compra segura.
Neste capítulo de 'ConéctaTEC' o adestrador tecnolóxico David López Pazos explica en que debemos fixarnos para facer unha compra en liña nun negocio que resulte confiable. Tamén nos fala de ferramentas pre-pago para minimizar posibles riscos e de servizos de pago seguro.
Sabías que existen extensións de navegador que comparan prezos?, poden resultar moi útiles para estas semanas de compras do Nadal, ou en calquera momento do ano se es habitual do comercio en liña. Como en cada capítulo deste podcast de PontevedraViva Radio, aprendemos coñecementos necesarios e e útiles para manexarnos coas novas tecnoloxías.