Con el, novo responsable ademais da área de comunicación da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), falamos de cefaleas,- é o actual coordinador do grupo de estudo de cefaleas da Sociedade Balear de Neuroloxía-, un trastorno moi común que se subestima á hora de acudir a unha consulta e que deixa elevadas cifras de incapacitación e de diminución da calidade de vida.
Duns contratempos cerebrovaculares que aumentan en canto a pacientes que entran por Urxencias, os ictus; e preguntamos por recentes estudos que vinculan a esclerose múltiple coa mononucleosis ou 'enfermidade do bico'.
Dado que este pontevedrés tamén é membro dos grupos de estudo sobre conduta e demencias da SEN en PontevedraViva Radio recollemos a súa opinión sobre a prevención, detección temperá, asistencia sanitaria e social da pirámide de idade poboacional española a presente e futuro.
"En Neuroloxía imos ver un número moito maior de pacientes e hai que expolo desde o punto de vista asistencial, sanitario e social. Aí está o reto. Vendo o próximos dez ou vinte anos, se non se planifica de forma correcta desde as administracións pódenos desbordar", advirte e engade como consello xeral que "a medida que máis consegue mellorar a saúde, no ámbito neurolóxico, é o exercicio físico".
Sobre esta pandemia e a Neuroloxía tamén falamos neste podcast do 'Cara a cara' xa que se apuntaron diversas doenzas relacionadas con esta área médica no denominado 'covid persistente'. Camiña Muñiz indica a este respecto que: "aínda hai que ser moi prudentes cos efectos da covid a longo prazo" no ámbito neurolóxico.