Ethan Carballo, ten dezasete anos, é pontevedrés e nos últimos días está desbordado. As chamadas de medios de comunicación interesados pola súa afección son contínuas. Desde os sete anos dedícase a comprar bonecas que resideña, ou customiza que soa máis 'fashion' e van aumentando a súa amplísima colección.
Esta fugaz popularidade está a valerlle para aumentar considerablemente seguidores nas súas redes sociais, popularidade no centro onde cursa 4º de ESO, e o que debería ser o máis importante: crer en si mesmo. Esta dedicación por coleccionar bonecas e recompoñelas co seu propio peiteado, a súa propia maquillaxe e o seu propio vestiario, a mostra tamén nas súas redes sociais de Facebook, Instagram ou a canle de Youtube. En todas elas é Ethan Wolf.
En PontevedraViva Radiocoñecemos a este Ethan Wolf creativo, con ganas de estudar deseño a partir do próximo curso. Tamén a Ethan Carballo, un rapaz que por ter afeccións diferentes á maioría sufriu serios capítulos debullying. A un mozo, que convive coadiabetes desde os catro anos e que tamén, como conta no Cara a cara, foi outro plus á súa diferenza.