Médicos, pacientes e familiares analizan en Pontevedra o día a día do control da diabete
Por Redacción
Médicos, pacientes, familiares e especialistas en diabete en xeral e en diabete infantil en particular déronse cita este sábado no hospital Montecelo de Pontevedra para participar nas 'Primeiras Xornadas Medrar con Diabete' e analizar o día a día do control da enfermidade.
O evento organizouno a asociación de nenas, nenos e xente nova con diabete de Galicia (Anedia) no salón de actos do hospital e xa na sesión da mañá contou coa asistencia de máis de 150 personas de toda Galicia. Pola tarde prevese que continúe.
A xornada foi inaugurada polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e Anedia e a Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabete (Fegadi) aproveitaron para reclamarlle que o Servizo Galego de Saúde inclúa na carteira de servicios da sanidade pública os últimos avances técnicos no control desta enfermidade.
As dúas entidades de persoas con diabete instan aos responsables sanitarios galegos a dar os pasos necesarios para a inclusión de todos os sistemas de monitorización de glicemina na carteira de servizos do Sergas atendendo á seguridade, eficacia, eficiencia, efectividade e utilidade terapéutica das técnicas, tecnoloxías e procedementos.
Destacan, ademais, que se teñan en conta as vantaxes e alternativas asistencias, o coidado de grupos menos protexidos, o risco e as necesidades sociais, e non só o impacto económico e organizativo.
O evento achegou aos asistentes os últimos avances tecnolóxicos para o control desta enfermidade crónica. Entre os ponentes estiveron tamén representantes dos principais laboratorios que actualmente teñen no mercado medidores continuos de glucosa en sangue, novos Sistemas de Monitorización que permiten, cun pequeno sensor colocado no corpo, coñecer os niveis de azúcar en sangue en tempo real, alertando incluso no teléfono móvil de hipoglucemias ou hiperglucemias.
Son, segundo Anedia, avances fundamentais para mellorar a calidade de vida dos enfermos, especialmente dos nenos e mozos con diabete tipo 1. A pesares diso, actualmente en Galicia non existe ningún sistema de medición continua que sexa financiado polo Sergas, tendo que asumir os pacientes e as súas familias o elevado desembolso económico que supón cada mes contar con estos medidores de glucosa.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara con Ethan Wolf: Ser ou non ser (diferente), esa é a cuestión
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Pediatras itinerantes cubrirán toda a área sanitaria durante as vacacións de verán
Por Redacción |
-
A plataforma SOS Sanidade Pública concéntrase contra a corrupción sanitaria
Por Redacción |