A Asociación de Amigos da Canceira de Poio que xestiona ditas instalacións explica en Podcans a situación límite en que se atopan e que pode conlevar que teñan que suspender a prestación que fan. Elisa López, tesoureira do colectivo toma a voz neste programa, que conduce el educador canino Diego Álvarez.
O colectivo mantén un convenio co Concello de Poio mediante o que a Asociación recibe unha contía económica para contratar unha persoa - que é a que traballa na canceira -. A subida do salario mínimo interprofesional non se tivo en conta este 2019 e non se reflectiu na cantidade subvencionada, polo que "para nós non resulta viable a contratación".
Como explica Elisa López en PontevedraViva Radio, o sostemento da canceira conleva máis gastos, tempo e traballo que achegan os voluntarios e socios de Amigos da Canceira; así como unha asociación alemá. Un recinto no que durante este exercicio de 2019 entraron 65 cans e 35 gatos.
A fin de "evitar prexuízos aos animais", engade Elisa, puxeron como prazo o próximo 26 de novembro, para tomar unha decisión. Esa data está sinalada sesión plenaria da Corporación de Poio e agardan que entón os grupos polítcos expoñan o seu criterio e poñan ou non solución á tesitura.
Mentres tanto desde a Asociación convidan que a aquelas persoas que adoptaron algún can desta canceira, suban as súas fotos ao perfil de Facebook de Fogarcan Canceira de Poio para visibilizar o traballo que veñen facendo.