RADIO.- Cara a cara: Deixar de fumar mellora o estado de ánimo, probas?
Por Marisa Ciordia
Temor a deixar de fumar porque podes estar máis irascilble?, temor a que aumente o apetito e engordar?. Resulta que non ten por que ser así. De feito, o que quizá descoñezan moitos fumadores é que deixar de fumar mellora o estado de ánimo.
Non é unha máxima de márketing para deixalo aproveitando que cada 31 de maio conmemórase o Día Mundial sen Tabaco. É o resultado dun prolongado estudo iniciado hai tres anos e medio que realizou a Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da Universidade de Santiago, una unidad de referencia nacional e internacionalmente.
Para coñecer máis detalles, PontevedraViva Radio fala con Ana López Durán, profesora da Facultade de Psicoloxía e coordinadora da unidade. Un dos aspectos rechamantes do devandito estudo é que a intervención cos fumadores faise a través da activación conductual, é dicir, modificando e reprogramando as súas condutas. E unha das conclusións que se resolven coa experiencia dos pacientes tratados é que "deixar de fumar mellora o estado de ánimo".
Outro motivo de contar con Ana López neste Cara a cara é o libro 'Muller e tabaco. Implicacións para a saúde e o tratamento' que acaba de publicar xunto a Carmela Martínez Vispo e Elena Fernández del Río.
A este respecto, conta que o incremento progresivo de mulleres fumadoras conlevou un incremento da incidencia de cancros que presentaban os homes; doutros tumores exclusivamente femininos, ademais da posibilidade de agravamento ou aparición doutras doenzas. Isto é, os efectos perniciosos de fumar, o son máis aínda entre as mulleres.