A súa vinculación con Ponte Caldelas vén por liña materna, a paterna está no sur, en Granada. Con todo a familia Díaz Sobral asentouse en Vigo, co xornal posto en Citröen. Esa factoría sería o lugar onde Andrés Díaz desenvolveu unha das súas paixóns, a da robótica, como mecánico industrial.
Con 17 anos entrou como voluntario no Exército, onde estivo en activo durante oito anos. Foi un Felipe González, presidente do Goberno, quen lle entregou en Bosnia o diploma acreditativo de ser o soldado da ONU máis nova en zona de Guerra. Relátao nesta Playlist de PontevedraViva Radio.
Sendo Casco Azul casou, con 20 anos; e con 21 tivo ao seu primeiro fillo, ao que viu por primeira vez grazas a unha sorpresa televisiva. Doce anos despois chegaría o seu segundo fillo. E falando de pais e fillos, foi co seu co que sentiu a chamada da política. Acompañoulle a un mítin de Felipe González nas Travesas. Nas últimas eleccións municipais, contando co apoio da Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e o BNG, fíxose co bastón de mando do Concello.
No seu estado de wasap di: sempre ao servizo dos veciños de Ponte Caldelas. ¿Pose ou convencemento?, afirma que sen dúbida a segunda. Os caldeláns dirán.