A mala situación do Pontevedra Club de Fútbol centrou este luns o programa deportivo La Trastienda, de PontevedraViva Radio, no que os protagonistas foron dous dos capitáns do equipo, Edu Sousa e Adrián Mouriño.
Ambos os dous xogadores mostráronse confiados de poder superar a xeira negativa de xogo e resultados, aínda que recoñeceron que a meta cambiou e só vai ser unha ata final de tempada, salvar a categoría sen apuros.
"Yo ya hace tiempo que he cambiado el objetivo, porque no procedía seguir pensando en el objetivo de principio de temporada. El nuevo objetivo es primero intentar ganar al Celta para cambiar la dinámica y empezar en el camino de las victorias y después ir saliendo poquito a poco de la situación en la que estamos, no pensar en llegar al cuarto, al tercero o al quinto, porque sería un error gravísimo", asegurou o gardameta granate.
"Creo mucho en el trabajo diario y este equipo trabaja diariamente como lo tiene que hacer", defende Edu, polo que "tarde o temprano van a caer los frutos en forma de puntos, de ganar partidos".
Mouriño pola súa banda recoñeceu que as vacacións de Nadal van sentar ben ao plantel e espera que supoñan un punto de inflexión. "Nos va a venir muy bien para descansar mentamente sobre todo y tratar de volver con la mente despejada para preparar el partido contra el Celta".
Para o centrocampista "seguimos teniendo un equipazo pero por circunstancias las cosas no se están dando como queremos y hay que afrontar la situación", explicou.
Os capitáns repasaron diversos aspectos da actualidade do Pontevedra, entre eles tamén o debut do xuvenil Juan Barbeito co primeiro equipo, a quen viron a "un nivel muy alto" e que esperan siga progresando no mundo do fútbol.