Un atentado masivo prodúcese no famoso balneario de Puente Viesgo utilizando unha arma química. As súas vítimas son un un grupo de empresarios. A tenente Valentina Redondo volve ter outro crímen (crimes) diante que terá que resolver. Nesta sexta entrega de Los Libros del Puerto Escondido, a súa autora, María Oruña, ponnos ante un thriller onde "as personaxes non teñen tempo a pensar" xa que de toda a serie ata o de agora "é a que ten máis acción".
Con 'Los inocentes', a escritora viguesa volve facer unha homenaxe ás novelas policíacas. Como apunta no podcast 'Cara a cara', "é unha novela de entretemento e é un xogo de astucia", así que non faltan as referencias a Agatha Christie, quen ademais dá nome a este libro. Tamén están presentes Dumas ou Dostoyevski, facendo reflexionar aos lectores sobre o crime, o castigo e a vinganza.
Citas, obras, autores que serven como explica "de pistas, reflexións e provocacións para os lectores". E é que ademais de entreter, María Oruña tamén pretende mover o pensamento crítico, "vaia á beira que vaia - di -, paréceme curioso que un crime hoxe, podería ser heroico hai dous séculos. Ou que hoxe, algo non punible aquí, si o sexa noutro continente". Abran portada e lean.
O podcast completo pode escoitarse na ligazón que se adxunta ou tamén se pode descargar desde a web de PontevedraViva Radio.