'Un desierto de hielo', contraditorio?, quizá tanto como as contradicións que se conxugan no discurso e na práctica sobre o coidado ambiental. E por aí penétrase Maite Ochotorena co seu décimo título na industria editorial. Unha viaxe ata a Antártida onde discorre unha xélida historia de novela negra con ensinanza, como nos contos infantís.
Un thriller con dous nomes principais. Mikel é un ertzaina donostiarra e Erika é unha axente de investigación criminal norueguesa. Ambos ven abocados a esclarecer unha serie crimes sádicos e con moita metáfora na súa autoría, que se cometen na base científica antártica de Nytt Hap, en Noruega. Ademais leva a todos os personaxes ata o límite e como sucede na vida "non temos nin idea de como imos reaccionar".
Editorialmente preséntase como un ecothriller e na lectura das súas páxinas a natureza é unha salvadora inexplicable: "nela está a salvación aínda que pareza difícil de entender, pero se non nos damos conta que sen ela non hai salvación é que estamos moi perdidos". Conta a escritora no podcast 'Cara a cara' que buscou a Antártida xa despois de 'La mensajera del bosque': "investigara sobre o que ten que ver cos océanos, co Ártico e necesitaba falar diso; é algo que está a pasar bastante en silencio e que pon en perigo todo o que hai baixo as augas e baixo o xeo".
Preguntámoslle igualmente pola documentación, investigación e asesoramento que realizou para posteriormente poñerse a escribir e explícanos que non foi un traballo previo, senón continuado no tempo. O podcast pode escoitarse na ligazón que se adxunta ou tamén descargalo na web de PontevedraViva Radio.