Para coñecer ao invitado deste 'Cara a cara' hai que desfacerse de estereotipos "viejunos". Javier Gago é un docente caldense que tamén compón rock duro. Nesta faceta o seu alter ego é Ícaro. Por que un mito grego no heavy?, é "atreverse a saltar ao baleiro sabendo que pode saír mal. Facerse as ás a base de composicións musicais e tocar o sol para sentirse realizado ou chegar ao éxito".
En 2021 editou os seus dous primeiros EPs: 'Cenizas' e 'Esquirlas' e este outono lanzou 'Incendios' con catro temas. Buscou voces colaboradoras co compostelán Héctor Ojeda de Battosai, Germán González de Skunk DF, Jorge Vileilla de Vírgen e Cristian Machado de Lions at the Gate. Para a masterización escollía a Mike Kalajian de Rogue Planet.
Antes de chegar Ícaro pasou por varios grupos: For Home Use Only, We Are Dust e Locust & Orchids, sempre como vocalista. Chegou a quedar finalista na segunda edición dos Premios Martín Códax da Música con 'Chrysalid9'. Ten xa material composto para un próximo proxecto e colaboracións apalabras, algunhas que non se afastan de Pontevedra. Tempo ao tempo, como deixa entrever en PontevedraViva Radio.
Este 'Incendios' que desprende metal, hardcore, unha leve electrónica ou rock melódico ten tamén un duro transfondo en forma de recadación solidaria. Os ingresos que xera en plataformas dixitais son para o labor investigador que desenvolve a Asociación Española Contra o Cancro.